Friday 19 de April de 2024

O venres celébrase unha xornada de orientación académica e profesional para o alumando de secundaria


O alumnado de 4º da ESO, FP básica e Bacharelato dos centros de ensino público de Oleiros disporán dunha xornada informativa específica sobre saídas académicas e laborais para o seu futuro. Nesta actividade organizada polo Concello participarán diversas universidades, centros de formación profesional, escolas públicas e privadas de diversas especialidades, academias, forzas armadas…

Esta xornada vai celebrarse este venres día 17 de marzo no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz. Pola tarde, de 16:00 a 18:30 horas, as portas estarán abertas a calquera persoa interesada en informarse sobre posibilidades académicas e laborais que ofrecen as 32 entidades participantes.